viernes, 16 de mayo de 2014

V Trofeo de Dardos Cidade de Narón

O próximo sábado 14 de Xuño terá lugar a celebración do "V TROFEO DE DARDOS CIDADE DE NARÓN", organizado pola Asociación Deportiva Dardeiros Galegos, coa colaboración do Concello de Narón.

Os horarios do evento serán os seguintes:

11:00 h. --> Playoffs Ligas Masculina e Feminina

* 16:00 h. --> Praza para o PRO-Mundial de PDC
16:00 h. --> Praza para o Internacional de BDO

    A modalidade de xogo será 501 - KO directo, ao mellor de 9 patas (categoría masculina) e ao mellor de 7 patas (categoría feminina).




    Para participar, é necesario inscribirse antes do día 11 de Xuño enviando un e-mail ó seguinte enderezo: dardeirosgalegos@gmail.com

    Vémonos en Narón!