Este fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Dardos de Punta de Aceiro organizado pola Asociación Deportiva Dardeiros Galegos coa colaboración do Concello da Coruña no Frontón de Riazor.
O evento comezou o sábado coa disputa do xuvenil:
Manuel Sánchez, do equipo As Viñas, proclamouse campión e o segundo posto foi para
Christian Varela, do mesmo equipo.
O domingo xogáronse os campionatos masculino e feminino. Estaban en xogo unha praza para o Pro-Mundial de PDC, no caso dos homes, e unha praza para o Internacional de BDO, no caso das mulleres.
O Campión Galego Masculino foi
Nacho Tey, do club Diana Ferrol, que tras un torneo impecable, conseguiu gañar a
Josimar, do equipo Dichoso 1 nunha final moi competida.
A categoría feminina ofreceunos unha final entre duas xogadoras do mesmo equipo (Girls On Fire):
Tatiana Romero e
Lucía Díaz. Finalmente o título foi para Lucía, xogando unha final moi fiable e demostrando grande acerto á hora de pechar as partidas.
PARABÉN AOS GAÑADORES!
Como resumo final, deixámosvos as clasificacións xuvenil, feminina e o Top-Ten masculino.
XUVENIL:
- Manuel Sánchez (As Viñas)
- Christian Varela (As Viñas)
- Brais Carril (As Viñas)
FEMININO:
- Lucía Díaz (Girls On Fire)
- Tati Romero (Girls On Fire)
- Lidia Suárez (Krone 1)
- Jessy Velo (Krone 1)
- Lucía Costoya (Girls On Fire)
- Elena Ramos (Trebol 180)
- Iris Bragunde (Las Chulas)
- Teresa Soto (Rincón de Antonio)
TOP-TEN MASCULINO:
- Nacho Tey (Diana)
- Josimar Vega (Dichoso 1)
- Alfonso Ortega (Diana)
- J. Luis Vara (Come y Calla)
- Sergio Velo (Krone 2)
- Roberto López (A Pelo Mola +)
- Alejandro Parga (Krone 2)
- Jose A. Rivas (Bosque Zas)
- Diego Sarmiento (Dichoso 1)
- Brais Carril (As Viñas)
Moitas gracias a todos por participar!
A seguinte cita será o día 14 de Xuño en Narón, onde os xogadores desta Asociación loitarán de novo por unha praza para o Pro-Mundial de PDC, no caso dos homes, e unha praza para o Internacional de BDO, no caso das mulleres.
Ata pronto!