miércoles, 28 de mayo de 2014

TORNEO KRONE

TORNEO KRONE


Fecha y hora:
Sábado 7 de Junio - 16:30 h.

Inscripción:
1€

Modalidad:
Individual o parejas (según apuntados)

Habrá regalos para todos los participantes y premio para los primeros clasificados:
(botella de Licor Café, botella de Rioja Crianza, botella de Albariño y botella de Ribeiro Joven)




*** La organización se reserva el derecho de modificar la estructura y los premios del torneo.

viernes, 16 de mayo de 2014

V Trofeo de Dardos Cidade de Narón

O próximo sábado 14 de Xuño terá lugar a celebración do "V TROFEO DE DARDOS CIDADE DE NARÓN", organizado pola Asociación Deportiva Dardeiros Galegos, coa colaboración do Concello de Narón.

Os horarios do evento serán os seguintes:

11:00 h. --> Playoffs Ligas Masculina e Feminina

* 16:00 h. --> Praza para o PRO-Mundial de PDC
16:00 h. --> Praza para o Internacional de BDO

    A modalidade de xogo será 501 - KO directo, ao mellor de 9 patas (categoría masculina) e ao mellor de 7 patas (categoría feminina).




    Para participar, é necesario inscribirse antes do día 11 de Xuño enviando un e-mail ó seguinte enderezo: dardeirosgalegos@gmail.com

    Vémonos en Narón!

    martes, 13 de mayo de 2014

    Celebración do Campionato Galego de Dardos de Punta de Aceiro 2014

    Este fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de Dardos de Punta de Aceiro organizado pola Asociación Deportiva Dardeiros Galegos coa colaboración do Concello da Coruña no Frontón de Riazor.

    O evento comezou o sábado coa disputa do xuvenil:




    Manuel Sánchez, do equipo As Viñas, proclamouse campión e o segundo posto foi para Christian Varela, do mesmo equipo.


    O domingo xogáronse os campionatos masculino e feminino. Estaban en xogo unha praza para o Pro-Mundial de PDC, no caso dos homes, e unha praza para o Internacional de BDO, no caso das mulleres.










































    O Campión Galego Masculino foi Nacho Tey, do club Diana Ferrol, que tras un torneo impecable, conseguiu gañar a Josimar, do equipo Dichoso 1 nunha final moi competida.





    A categoría feminina ofreceunos unha final entre duas xogadoras do mesmo equipo (Girls On Fire): Tatiana Romero e Lucía Díaz. Finalmente o título foi para Lucía, xogando unha final moi fiable e demostrando grande acerto á hora de pechar as partidas.






    PARABÉN AOS GAÑADORES!




    Como resumo final, deixámosvos as clasificacións xuvenil, feminina e o Top-Ten masculino.

    XUVENIL:

    1. Manuel Sánchez (As Viñas)
    2. Christian Varela (As Viñas)
    3. Brais Carril (As Viñas)


    FEMININO:

    1. Lucía Díaz (Girls On Fire)
    2. Tati Romero (Girls On Fire)
    3. Lidia Suárez (Krone 1)
    4. Jessy Velo (Krone 1)
    5. Lucía Costoya (Girls On Fire)
    6. Elena Ramos (Trebol 180)
    7. Iris Bragunde (Las Chulas)
    8. Teresa Soto (Rincón de Antonio)


    TOP-TEN MASCULINO:

    1. Nacho Tey (Diana)
    2. Josimar Vega (Dichoso 1)
    3. Alfonso Ortega (Diana)
    4. J. Luis Vara (Come y Calla)
    5. Sergio Velo (Krone 2)
    6. Roberto López (A Pelo Mola +)
    7. Alejandro Parga (Krone 2)
    8. Jose A. Rivas (Bosque Zas)
    9. Diego Sarmiento (Dichoso 1)
    10. Brais Carril (As Viñas)


    Moitas gracias a todos por participar!


    A seguinte cita será o día 14 de Xuño en Narón, onde os xogadores desta Asociación loitarán de novo por unha praza para o Pro-Mundial de PDC, no caso dos homes, e unha praza para o Internacional de BDO, no caso das mulleres.

    Ata pronto!