miércoles, 23 de abril de 2014

Campionato Galego de Dardos de Punta de Aceiro 2014

Cada vez está máis próxima a data de celebración do noso Campionato Galego.

O próximo 11 de Maio, no Polideportivo de Riazor (Frontón) da Coruña, os nosos asociados se disputarán unha praza para o Pro-Mundial de PDC na categoría masculina e unha praza para o Internacional de Calella de BDO para a categoría feminina.

Deixámosvos un enlace á web www.dardos.es onde anuncian o noso evento:




Aproveitamos para recordarvos que é necesario inscribirse mediante correo electrónico (dardeirosgalegos@gmail.com) antes do próximo 7 de Maio.

Un saúdo!